FCT

Formación en centros de traballo

A realizar dentro ou fora de Galicia, ou ben no estranxeiro.

Con carácter xeral o período de prácticas en empresas realizase no derradeiro trimestre do segundo curso nos tres ciclos formativos medios que se imparten no centro. Tamén poden realizarse de setembro a decembro ou de xaneiro a marzo cando os alumnos tiveran que recuperar módulos pendentes.

Este módulo profesional permite completar a adquisición de competencias profesionais propias de cada título, adquirir a madurez que permita adaptarse aos cambios das necesidades de cualificación, completar coñecementos relacionados coa profesión, facilitar a inserción laboral e tamén avaliar e acreditar os aspectos máis relevantes da profesión.

As prácticas poden realizarse en España ou no estranxeiro. As empresas colaborarán para que o alumno acade a consecución dos obxectivos establecidos para este módulo no currículo do ciclo mediante as actividades formativas establecidas no plan individualizado.

Axudas económicas

A Xunta de Galicia concede cada ano unha contía económica para o alumnado que cumpra os requisitos establecidos na convocatoria. O mesmo sucede no caso de que se fagan prácticas no estranxeiro mediante un programa Erasmus+. Neste caso a axuda provén de fondos europeos.

Empresas colaboradoras 2017-18

FAMILIA PROFESIONAL: Administración e Xestión
CICLOS FORMATIVO MEDIO: Xestión Administrativa

- GESENCO – Vilagarcía de Arousa
- INFORGEST – Caldas de Reis
- HOTEL CRUCEIRO – Caldas de Reis
- GALIGÉS – Caldas de Reis
- CONCELLO DE CALDAS DE REIS
- ASEMEGA – Caldas de Reis
- PREVEPLAN – Caldas de Reis

FAMILIA PROFESIONAL: Comercio e marketing
CICLOS FORMATIVO MEDIO: Actividades comerciais

- INDITEX_
  Zara – Vilagarcia de Arousa
  Pull & Bear – Vilagarcía de Arousa
  Pull & Bear – Pontevedra
  Stradivarius – Vilagarcía de Arousa
  Zara As Cancelas – Santiago de Compostela
- GOLEADA EQUIPAMIENTOS – Pontevedra
- BETALIA – Caldas de Reis

FAMILIA PROFESIONAL: Electricidade e Electrónica
CICLO FORMATIVO MEDIO: Instalacións eléctricas e automáticas

- INSTALACIONES DEVESA, S.L. – Valga
- GDM1980 – Vilanova de Arousa
- CROWN FOOD ESPAÑA – Ribadumia
- IMELFA E HIJOS, S.L. – Vilagarcía de Arousa
- ELECTRORED – Vilagarcía de Arousa
- CLESA – Caldas de Reis
- INSTALACIONES PÉREZ BÚA – Portas
- INDELCA – Caldas de Reis
- MONTAJES ELÉCTRICOS SALNÉS, S.L. – Vilagarcía de Arousa
- ELECTRICIDADE SALVADOR CORES, S.L. – Cambados


1 comentario: