Erasmus + 2019

Dende o curso 2017-18, o CPR Plurilingüe San Fermín – PP. Somascos forma parte dun Consorcio da Deputación de Pontevedra que participa no Proxecto “Practicum Depo 2018”, xunto con outros 36 centros educativos da provincia. Este proxecto enmárcase dentro do programa ERASMUS+, e o obxectivo é ofrecer a posibilidade aos nosos alumnos e alumnas dos ciclos formativos de traballar nunha empresa europea ata un máximo de 6 meses, unha vez rematadas as FCT no 2º curso e dentro do ano seguinte á obtención do título. A cuantía das bolsas oscilan dependendo do país de destino que poden ser prácticamente calquera dos da UE. Os requisitos para poder participar son os seguintes:

- Ter rematado e aprobado un Ciclo Medio
- Ter un coñecemento acreditado da lingua do país de destino

No BOPPO nº 246 do 26 de decembro de 2019 publicouse a listaxe de centros admitidos no novo proxecto PRACTICUM 2019 para realizar mobilidades de alumnos titulados e profesores, estando o noso centro novamente admitido.

AVISO IMPORTANTE: Os alumnos e alumnas interesados en realizar unha mobilidade deberán presentar a solicitude antes do día 21 de xuño ás 13 h. na secretaría, para poder así iniciar o procedemento de selección de candidatos.
O persoal docente interesado en realizar algunha mobilidade job-shadowing deberá presentar a súa solicitude na secretaría do centro ata o día 11 de novembro ás 13:00 horas, para poder igualmente iniciar o procedemento de selección.

SOLICITUDE E BASES PARA SER INCLUIDO NO PROGRAMA PRACTICUM 2019 (alumnos)

SOLICITUDE E BASES PARA SER INCLUIDO NO PROGRAMA PRACTICUM 2019 (docentes)

LISTAXE ALUMNADO ADMITIDO E SUPLENTE PARA MOBILIDADES PRACTICUM 2019



Ningún comentario:

Publicar un comentario