mércores, 24 de outubro de 2018

1ª MOBILIDADE PRACTICUM DEPO 2018 - ERASMUS+


Fabiola Padín Castiñeiras comeza unha nova experiencia laboral en Lisboa dentro do proxecto Erasmus+ Practicum Depo 2018, dirixido a alumnos de ciclos formativos, para realizar prácticas en empresas e institucións estranxeiras. Dende este curso 2017-18, o CPR Plurilingüe San Fermín – PP. Somascos forma parte dun Consorcio da Deputación de Pontevedra que participa no Proxecto, xunto con otros centros educativos da provincia.
Durante 162 días, aproximadamente 5 meses, traballará no Centro Comercial do Campo Pequeno, concretamente en Trendylovers, e disfrutará dunha bolsa de mobilidade para fomento da aprendizaxe que inclue axudas para a viaxe e aloxamento.
Esta alumna rematou o ciclo formativo medio de “Actividades Comerciais” en xuño deste ano, e dende un principio mostrou a súa disposición e interese en acollerse a este programa, buscando unha nova experiencia, coñecer outro país e compañeiros, e sobre todo ter unha oportunidade de inserción laboral.
Dende aquí desexarlle sorte nesta nova etapa da súa vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario