venres, 15 de febreiro de 2019
2ª MOBILIDADE PRACTICUM DEPO2018 - ERASMUS+
Un novo alumno do CPR Plurilingüe San Fermín - PP. Somascos, vai realizar prácticas laborais nunha empresa de Portugal, dentro prgrama Practicum Depo2018, incluido no proxecto Erasmus+, do que forma parte o noso centro dende o pasado curso.
Trátase de Johathan Padilla Santacruz do ciclos formativo medio de Xestión Administrativa, que disfrutará dunha bolsa de mobilidade para traballar na empresa ONECLINICS OEIRAS/CEFIRECO no municipio de Oeiras, preto de Lisboa, ata o 21 de xuño de 2019.
Dende aquí queremos desexarlle sorte nesta nova experiencia laboral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario