martes, 28 de xaneiro de 2020
3ª MOBILIDADE PRACTICUM DEPO2019 - ERASMUS+
Por terceiro ano consecutivo un alumno do CPR Plurilingüe San Fermín - PP. Somascos, vai realizar prácticas laborais nunha empresa de Portugal, dentro programa Practicum Depo2019, incluido no proxecto Erasmus+, do que forma parte o noso Centro dende o curso 2017-18
Trátase de Daniel Castro Piñeiro do ciclo formativo medio de Instalacións eléctricas e automáticas, que disfrutará dunha bolsa de mobilidade para traballar na empresa BRESFOR do grupo FORESA en Gafanha da Nazaré, preto de Aveiro, a partir do 3-2-2020 por un período de 4 meses.
Dende aquí queremos desexarlle sorte nesta nova experiencia laboral.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario