luns, 12 de abril de 2021

NOVA MOBILIDADE PRACTICUM DEPO - ERASMUS+



Un novo alumno do CPR Plurilingüe San Fermín – PP. Somascos está a facer prácticas remuneradas nunha empresa de Portugal, dentro do programa Practicum Depo, incluido no proxecto Erasmus+, do que forma parte o noso Centro Educativo dende o curso 2017-18

Trátase de Alejandro Duarte Pinto do ciclo formativo medio de Instalacións eléctricas e automáticas, que disfruta dunha bolsa de mobilidade na empresa PORLIMALUX UNIPESSOAL, LDA en Braga. A súa experiencia comenzou o 6 de abril e permanecerá na empresa ata o 2 de outubro de 2021. Dende aquí queremos desexarlle sorte nesta nova experiencia laboral.

Ningún comentario:

Publicar un comentario