venres, 1 de decembro de 2023

MOBILIDADE PRACTICUM DEPO - ERASMUS+

 

Unha nova alumna do CPR Plurilingüe San Fermín – PP. Somascos, está a facer prácticas remuneradas en Irlanda, dentro do programa Practicum Depo, incluido no proxecto Erasmus+ do que forma parte o noso centro dende o curso 2017-18.

Trátase de Verónica Blanco Rodríguez, do ciclo formativo de actividades comerciais, que titulou coa mención de matrícula de honra e disfruta dunha bolsa de mobilidade na empresa The Galsshouse Hotel en Sligo – Irlanda.

A súa experiencia comenzou o 27 de novembro do 2023 e permanecerá na empresa ata o 31 de maio de 2024. Dende o centro e equipo docente desexalle moita sorte nesta nova experiencia laboral.


martes, 20 de decembro de 2022

DINÁMICAS DE GRUPO

 Estes días, os mozos e mozas de Ciclos Formativos estiveron a levar a cabo unha serie de dinámicas para aprender a traballar en equipo e comunicarse correctamente. Pensamos, aprendemos, rimos e divertímonos. E tamén traballamos en equipo, claro!






venres, 11 de novembro de 2022

MAGOSTO 2022

Por fin retomamos a celebración do Magosto e seguindo coa tradición, os alumnos e profesores do ciclo medio de INELA, encargáronse da preparación e distribución de castañas para todos os alumnos e alumnas do colexio.



venres, 7 de outubro de 2022

CAMIÑO DE SANTIAGO

Os alumnos e alumnas de ciclos formativos participaron na derradeira etapa Monte do Gozo - Catedral de Santiago.