Erasmus +

Dende o curso 2017-18, o CPR Plurilingüe San Fermín – PP. Somascos forma parte dun Consorcio da Deputación de Pontevedra que participa no Proxecto “Practicum Depo”, xunto con outros centros educativos da provincia. Este proxecto enmárcase dentro do programa ERASMUS+, e o obxectivo é ofrecer a posibilidade aos nosos alumnos e alumnas dos ciclos formativos de traballar nunha empresa europea ata un máximo de 6 meses, unha vez rematadas as FCT no 2º curso e dentro do ano seguinte á obtención do título. A cuantía das bolsas oscilan dependendo do país de destino que poden ser prácticamente calquera dos da UE. Os requisitos para poder participar son os seguintes:

- Ter rematado e aprobado un Ciclo Medio
- Ter un coñecemento acreditado da lingua do país de destino

No BOPPO publicase anualmente a listaxe de centros admitidos no novo proxecto PRACTICUM DEPO para realizar mobilidades de alumnos titulados e profesores, estando o noso centro novamente admitido.

AVISO IMPORTANTE: Os alumnos e alumnas interesados en realizar unha mobilidade deberán presentar a solicitude antes do día 31 de xaneiro ás 13 h. na secretaría, para poder así iniciar o procedemento de selección de candidatos.
O persoal docente interesado en realizar algunha mobilidade job-shadowing deberá presentar a súa solicitude na secretaría do centro ata o día 30 de novembro ás 13:00 horas, para poder igualmente iniciar o procedemento de selección.

BASES PARA SER INCLUIDO NO PROGRAMA PRACTICUM 2021


IMPORTANTE: As bases, solicitudes e listaxe de alumnado admitido e suplente para mobilidades será publicado na Web do centro a partir do curso 2024-25




Ningún comentario:

Publicar un comentario