mércores, 1 de xuño de 2022

CHARLA PROTECCIÓN CIVIL CALDAS

O alumnado de ciclos formativos asistiu onte a unha charla sobre primeiros auxilios,un contido que se inclúe na parte de prevención de riscos laborais do módulo de FOL.

Nesta charla, os membros de Protección Civil de Caldas de Reis, deron pautas de actuación en caso de accidente e tamén fixeron prácticas e demostracións de RCPB (reanimación cardiopulmonar básica).

Moitas grazas ós voluntarios de Protección Civil que se encargaron de impartila



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario